Veciños de Cangas cortan o tráfico nos accesos ás praias
Veciños de Cangas cortan o tráfico nos accesos ás praias
Protestan polo aparcamento en lugares non permitidos e pola inacción da Policía Local
Máis de medio cento de veciños das zonas de praia máis saturadas de Cangas protagonizaron a mañá do domingo tres cortes de tráfico: dous no centro do Hío e un terceiro en Pinténs.
Critican que os acoden as praias aparquen en sitios non habilitados e que obstrúan a súa entrada e saída das súas vivendas e tamén os estreitos camiños dos pequenos núcleos do rural onde están as praias.
Apuntan que este ano non está actuando a policía local porque non chegou a un acordo co concello, polo que os condutores saben que non lles porán multas e actúan con maior impunidade.
Moitos lamentan tamén que habendo zonas habilitadas para aparcar como os leiraparquins, algún gratuíto como o de Liméns, moitos por comodidade ou por aforrar prefiren aparcar a carón da praia e das casas molestando os veciños.