Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños de Dodro pagan a restauración do retablo románico de San Xián de Laíño

Veciños de Dodro pagan a restauración do retablo románico de San Xián de Laíño

A obra custou corenta e cinco mil euros, que achegou a Comunidade de Montes

G24.gal 22/08/2023 16:05

A de San Xián de Laíño é unha das tres parroquias do concello de Dodro a cargo do párroco Francisco Lampón. Aquí estes días a novidade é o retablo barroco acabado de restaurar. 

Francisco Lampón, párroco de San Xián de Laíño. "A iniciativa foi parroquial, a xente xa o demandaba porque o retablo estaba moi deteriorado pola chuvia. A reacción foi que agora xa non me atenden na misa, a xente mira máis para o retablo, pero é que foi un cambio moi grande".

Un traballo en prol do patrimonio local feito realidade grazas aos corenta e cinco mil euros achegados pola Comunidade de Montes de Balouta e Fontecova. 

Ramón Abuín, secretario da Comunidade de Montes de Balouta e Fontecova: "Como era unha cantidade económica importante, sometémolo a votación e foi aprobada practicamente por unanimidade, acometer esta obra subvencionada", di Ramón Abuín, secretario da Comunidade de Montes de Balouta e Fontecova.

A intervención, feita por Restauracións Garrido, permite admirar o pan de ouro brunido en todo o seu esplendor coa figura do san Xián no centro. Os veciños celebran a recuperación da peza, anónima pero de gran calidade artística. 

 "Case trescentos anos despois podemos volver a desfrutar dunha das mellores obras da imaxinería barroca da comarca de Santiago, entón estamos contentísimos e contentos tamén da restauración que se fixo e que pon a Laíño en valor, con este retablo", comenta un veciño.

"Todos, todos, todos os veciños de aquí, contentos. E máis contentos aínda que agora vén a Festa do Leite e a xente que ve iso... é unha marabilla, vai parecer a Catedral de Santiago", engade unha veciña. 

O retablo quedou listo, tal e como proxectaran, para a vindeira festa en honra da Virxe do Bo Parto e do Leite, que se celebra en setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade