Cargando resultados...
Velasco marcha do Noia a Kazakhstán por faltarlle "ilusión e motivación"
Velasco marcha do Noia a Kazakhstán por faltarlle "ilusión e motivación"
O técnico catalán pon fin a cinco temporadas exitosas culminadas co ascenso á LNFS e a clasificación para o play off polo título
G24.gal
31/05/2023 20:36
Última actualización 31/05/2023 20:41
Despedida de Marlon Velasco como adestrador do Noia Portus Apostoli. Con contrato ata o 2025, o técnico catalán rescinde a súa vinculación co club, onde levaba cinco anos.
Tras ascender esta temporada finalizou entre os oito primeiros e xogou a semana pasada co Palma en cuartos de final polo título. Sorprendente decisión, seguramente unida á súa presentación como adestrador do Kairat de Kazakhstán.
Na súa despedida como técnico do Noia, Velasco afirmou: "Non estou motivado nin ilusionado. Teño que deixar paso a outra persoa. Tamén tiven unha proposta que me esperta a ilusión que aquí non teño".