Publicador de contidos
Publicador de contidos

Verstappen non dá opción en Austria e Sáinz e Alonso quedan fóra do podio

Verstappen non dá opción en Austria e Sáinz e Alonso quedan fóra do podio

Sáinz perdeu dous postos por unha sanción e acabou no sexto posto e Alonso gañou un para ser o quinto

G24.gal 02/07/2023 18:37 Última actualización 02/07/2023 21:01

Max Verstappen segue sendo o gran dominador da temporada na Fórmula 1. En Austria obtivo unha nova e clara vitoria, a sétima no que vai de temporada. O equipo Red Bull obtivo unha boa bagaxe na súa casa pois Checo Pérez foi o terceiro. 

Polo medio, no segundo posto, quedou o Ferrari de Leclerc. O seu compañeiro Carlos Sáinz foi o cuarto. O madrileño viuse afectado polas ordes de equipo, que o deixaron sen opción de podio. Para colmo de males, a FIA sancionou a Sáinz con dez segundos e acabou perdendo dous postos.

Fernando Alonso foi un dos que tirou proveito desa circunstancia. Concluíra sexto e coas decisións dos xuíces rematou na quinta praza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade