Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta anuncia un novo apoio de 4 millóns de euros para a automoción de Galicia

A Xunta anuncia un novo apoio de 4 millóns de euros para a automoción de Galicia

As axudas anunciadas por Lorenzana incluiranse no borrador do plan director da automoción, que será presentado a próxima semana

Súmanse aos 18 millóns previamente anunciados, co obxectivo de apoiar o sector na súa transición cara a unha mobilidade sostible

Conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, na súa visita ao Grupo Copo
G24.gal 09/07/2024 15:47

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, avanzou este martes un novo apoio de 4 millóns de euros para a automoción en Galicia, que se suma aos 18 millóns previamente anunciados dentro do plan director da industria do automóbil. Anunciouno nunha visita ao Grupo Copo, de Mos.

Esta segunda liña de axudas apoiará o sector na súa transición cara a unha mobilidade sostible a través da sinatura dun convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Centro Tecnolóxico da Automoción (CTAG) para a mellora de equipamentos e instalacións técnicas. Faino co obxectivo de mellorar a competitividade e o fortalecemento dun sector que a Xunta considera estratéxico.

O anuncio da nova axuda prodúcese o día despois da apertura do prazo para solicitar a liña de apoio extraordinario que promove o Igape para o sector, dotada con 18 millóns de euros, coa que a Administración autonómica pretende "intensificar a colaboración coa automoción galega e potenciar unha cadea de valor dixital, verde e resiliente, capaz de facer fronte aos retos que o sector ten por diante".

A Xunta presentará a próxima semana o borrador do plan director da automoción, que recollerá as medidas, mecanismos e medios necesarios para reforzar o sector en Galicia, que representa máis do 13 % do PIB e suma máis de 200 empresas e preto de 25.000 empregos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade