Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sexta edición do Caudal Fest pecha por todo o alto un verán cargado de festivais

A sexta edición do Caudal Fest pecha por todo o alto un verán cargado de festivais

Calcúlase que o seu impacto económico para Lugo e a súa contorna supera os oito millóns de euros 

G24.gal 21/09/2024 20:38 Última actualización 22/09/2024 08:21

Éxito total da sexta edición do Caudal Fest, un evento que supón un impacto económico superior aos oito millóns de euros na cidade de Lugo e na súa contorna, onde é imposible atopar unha praza de aloxamento dispoñible.

Os organizadores do festival fan posible tamén o Resurrection, o Sons do Camiño ou o Morriña; cada un co seu estilo, pero algo ten o Caudal Fest que o fai especial.

Vendéronse a totalidade das 40.000 entradas que había dispoñibles, o 60 % delas o primeiro día que se puxeron á venda.

Para o ano que vén, o festival volverá pechar o verán ao celebrarse o 19 e 20 de setembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade