Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viana do Bolo celebra a tradicional Disputa do Entroido polas parroquias

Viana do Bolo celebra a tradicional Disputa do Entroido polas parroquias

Os boteiros desprazáronse ata o lugar de Rubiais

A troula segue mañá coa Festa da Androlla

G24.gal 18/02/2023 14:50 Última actualización 18/02/2023 15:17

Esta casa foi tamén obxecto dos versos da desputa do entroido de Viana do Bolo, que hoxe se desenvolveu na parroquia de Rubiais. Non faltou a música pero, sobre todo, destacou o enxeño dos personaxes á hora de recitar cadansúa parte da disputa.

Os boteiros son as figuras máis emblemáticas deste particular e ancestral entroido. Desta volta non faltou un fondo repaso a actualidade informativa en clave de humor. Veciños e participantes amósanse satisfeitos de que non se perda a tradición.

A festa trasládase pola tarde ata o lugar de Solbeira e mañá celebrarán en Viana a festa da Androlla, o folión e as carrozas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar