Publicador de contidos
Publicador de contidos

Viaxes en familia ou escapadas, entre as peticións das cartas aos Reis Magos

Viaxes en familia ou escapadas, entre as peticións das cartas aos Reis Magos

Moitos agasallan bonos en axencias de viaxes para que logo os que os reciben viaxen a onde queiran

G24.gal 04/01/2024 21:27 Última actualización 04/01/2024 21:45

Son xornadas moi atarefadas para os Reis Magos, que tamén procuran axuda e asesoramento en lugares coma este: as axencias de viaxes.

"Estamos a notar estes días na nosa oficina a chegada de correos electrónicos desde Oriente para ver como facer viaxes en familia", explica Óscar Regal, director da axencia Embajador Viaxes.

Agasallar unha viaxe é unha opción cada vez máis demandada. As propostas son moi diversas así que as súas maxestades de Oriente teñen máis posibilidades de acertar.

Unha das principais vantaxes é que se escolla o destino que se escolla, a experiencia pódese personalizar.

"Nós non temos un bono específico. O que facemos é un bono ao xeito que demanden, do importe que demanden e logo os clientes que foron agasallados úsano como eles queiran", di Mar Santos, directora de Viaxes Áncora.

O director de Embajador Viaxes engade que "a maioría das axencias galegas temos os bonos agasallo que se poden personalizar en base a unha temática determinada ou un tipo de produto concreto como quen quere un aloxamento especial nunha burbulla ou nunha cabana ata quen agasalla unha viaxe de longa distancia a Asia ou un cruceiro". 

Outra vantaxe: a viaxe agasállase agora, pero pode gozarse ao longo do ano. Deste xeito, atinar co agasallo de Reis pode resultar un pouco máis doado. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos