Publicador de contidos
Publicador de contidos

Víctor Senra amósase crítico coa nova dirección da Federación Galega

Víctor Senra amósase crítico coa nova dirección da Federación Galega

Senra: "Hai cousas que se facían mal e agora tamén. Hai moito que mellorar"

Senra vai pilotar unha máquina excepcional, un Citroën C3 World Rally Car que manexaron, entre outros, Ogier e Lappi no mundial

G24.gal 30/03/2023 17:10 Última actualización 30/03/2023 17:16

Desde hai seis anos non hai quen lle faga sombra a Víctor Senra en Galicia. No último foi ademais campión da Copa de España. Por se fose pouco, nas primeiras carreiras Senra vai pilotar unha máquina excepcional, un Citroën C3 World Rally Car que manexaron, entre outros, Ogier e Lappi no mundial. Unha xoia, como confirmaron os primeiros adestramentos

Víctor Senra: "Imos gozalo nós e o público".

David Vázquez: "É como un Fórmula 1 dos rallys".

Senra vai polo sétimo título, co que figuraría en solitario como mellor piloto galego de todos os tempos.

O campionato comeza tras resolverse as diferenzas entre organizadores e federación. O campión é crítico cos primeiros pasos da nova directiva federativa.

"Imos darlle un voto de confianza. Hai cousas que se facían mal e agora tamén. Hai moito que mellorar e bulir".

Mañá comezarán a ruxir os motores na Coruña. É a primeira das dez probas previstas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade