Cargando resultados...
Víctor Senra buscará o seu noveno campionato galego cun Hyundai de Oliver Solberg
Senra competirá en Galicia no Rally da Coruña con Dani Sordo, Pepe López e Iván Ares
G24.gal
19/02/2025 12:35
Última actualización 19/02/2025 12:43
Víctor Senra conducirá de novo un World Rally Car. Un Hyundai que levou o noruegués Oliver Solberg en 2021.
"Con todas as últimas evolucións do 2021".
Senra competirá en Galicia no Rally da Coruña con Dani Sordo, Pepe López e Iván Ares. Oportunidade para demostrar a capacidade con rivais que optan ao Supercampionato de España. Senra apunta, ademais, a comezar a disputa do Campionato de España de asfalto con este Hyundai. Dependendo das sensacións fará a totalidade do concurso ou non.
"Faremos completo o galego e igual algunhas do CERA".
O piloto de Dumbría buscará o seu noveno campionato galego consecutivo.