A temporada de rallys en Galicia arrancou en Piñor con triunfo de Alfonso Pisko
A segunda proba do campionato galego será en Silleda no mes de maio
A temporada de rallys en Galicia arrancou en Piñor. Campionato galego de rallysprint con triunfo de Alfonso Pisko Ventín. Oitenta e sete coches participaron nesta apertura polo título galego con catro treitos cronometrados e moita igualdade.
Piskoi Ventín e a copiloto Sandra Amaro, cun mítico Lancia Stratos, refixéronse dunha saída no primeiro tramo para gañar os tres seguintes e facerse con esta segunda edición do Rally de Piñor, disputado por estradas deste concello e tamén de San Cristovo de Cea.
Foi no último treito onde superaron a dous clásicos, Darío Calviño e Javier Martínez Carracedo. Pisko e Sandra Amaro venceron esta proba inicial das probas de motor en Galicia por un segundo. A segunda proba do campionato galego será en Silleda no mes de maio.