Víctor Senra ten a tiro en Ferrol o seu oitavo Campionato Galego
Víctor Senra ten a tiro en Ferrol o seu oitavo Campionato Galego
O piloto de Dumbría buscará sumar un novo título autonómico no Rally de Ferrol
Leva sendo campión galego desde 2017
Víctor Senra quere agrandar a súa lenda no automobilismo galego. Ao piloto de Yacar Racing bástalle con firmar un dos 5 mellores tempos en Ferrol para ser campión autonómico por oitava vez.
Venceu en todas as probas do ano e non pensa levantar o pé do acelerador nesta cita. Xunto ao seu copiloto José Murado loitarán por levarse a vitoria na 55ª edición do Rally de Ferrol, onde gañou nos últimos dous anos. A bordo do seu Citröen C3 WRC procurarán revalidar o triunfo acadado anteriormente.
Ningún outro piloto posúe máis campionatos galegos que o dumbriés, que continúa a ampliar o seu palmarés a cada ano que pasa. No horizonte ten o récord de vitorias na competición, que ten no seu haber Germán Castrillón. Senra busca facer historia.