O exlíder do PP catalán Aleix Vidal-Quadras, fóra de perigo, tras recibir un disparo na cara no centro de Madrid

 Vidal-Quadras está "estable y sen risco vital"

A policía investiga como delincuencia común o tiroteo

Efectivos do Samur atenden a Vidal-Quadras (EFE/Emerxencias de Madrid)
G24.gal 09/11/2023 14:35 Última actualización 09/11/2023 21:01

O expresidente do PP de Cataluña Aleix Vidal-Quadras quedou ferido tras ser tiroteado. Vidal-Quadras recibiu un disparo na cara sobre as 13:30 horas na céntrica rúa Núñez de Balboa de Madrid. Samur-Protección Civil informou de que o ferido  foi trasladado consciente a un hospital de Madrid. 

"Presentaba unha ferida de bala na rexión facial. Entrou polo ángulo mandibular dereito e saíu polo esquerdo. Estable hemodinamicamente, trasladámolo con preaviso hospitalario", explica a voceira do Samur.

O ataque produciuse mentres camiñaba preto da súa casa, no número 40 da rúa Núñez de Balboa. Un home disparoulle cando volvía da misa coa súa muller. O agresor, que levaba un casco negro, fuxiu primeiro a pé e despois subiu a unha moto conducida por outra persoa.
 
    O grupo de Homidicios da Policia leva a investigación para identificar e deter os agresores. Descarta de momento o móbil ideolóxico terrorista e apunta a un caso de delincuencia común. Baralla desde un roubo ata un acción planificada e encargada a profesionais. O expolítico cre, e así o llo dixo á policia, que detrás pode estar o réxime de Irán pola súa relación coa oposición dese país.

"Non teño outros enimigos", asegurou Vidal-Quadras

Shahin Gobadi, membro do comité de asuntos exteriores do Consello Nacional da Resistencia de Irán, lembrou nun comunicado que "é do domingio publico a virulenta enemizade do réxime clerical" con Vidal-Quadras, que "foi un dos primeiros políticos" aos que Teherán incluíu na súa lista de terroristas.

 A clase política española condenou o ataque e desexoulle unha pronta recuperación. Alejo Vidal-Quadras, foi expresidente do PP catalán e cofundador de Vox, formación que abandonou en 2015. O expolítico está estable, sen risco vital e será intervido cirurxicamente por dunha dobre fractura mandibular.

Feijóo reclama unha "pronta investigación"

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, condenou o disparo na cara que sufriu o expresidente do PP catalán Alejo Vidal-Quadras e reclamou unha "pronta investigación" que esclareza o ocorrido e dea cos culpables.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade