Vidal-Quadras recibe a alta médica 15 días despois do tiroteo

A policía busca un tunisiano pola presunta participación no ataque

Vidal-Quadras Vidal-Quadras
G24.gal 23/11/2023 15:56

O exdirixente do PP de Cataluña e excofundador de Vox, Alejo Vidal-Quadras, foi dado de alta este xoves no Hospital Gregorio Marañón onde levaba ingresado 15 días tras recibir un disparo na cara.

No centro médico foi intervido cirurxicamente da dobre fractura de mandíbula.

Remontando aos feitos, o pasado 9 de novembro foi tiroteado en plena rúa e comunicou á policía as súas sospeitas de que os autores do disparo estivesen relacionados co Goberno iraniano. O pasado martes detiveron unha parella na provincia de Granada, formada por un español e unha británica, debido á súa presunta relación co suceso. Tamén arrestaron en Fuengirola outro home, neste caso español. Con todo, as primeiras investigacións apuntan a que ningún dos arrestados é o autor material do ataque.

Agora a policía busca unha cuarta persoa, un tunisiano que supostamente está implicado no caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade