Vigo é unha das cidades da península onde máis está a subir o nivel do mar
Vigo é unha das cidades da península onde máis está a subir o nivel do mar
O mar medra un centímetro cada 4 anos, segundo un informe do Instituto de Hidráulica Ambiental
Vigo é unha das cidades da península onde máis está a subir o nivel do mar, segundo un informe do Instituto de Hidráulica Ambiental. As mareas vivas, antes clásicas de setembro ou outubro sucédense durante todo o ano e a auga sobe cada vez máis.
De acordo con este estudo, o nivel do mar medra un centímetro cada catro anos na cidade olívica. O fenómeno non pasa desapercibido entre a poboación que o noto nos paseos, nos peiraos e nas praias.
De seguir esta tendencia, Bouzas, Samil ou Beiramar poderían desaparecer de aquí a cen anos. Os mariñeiros artesanais de Bouzas ven como o mar vai engulindo aos poucos o seu embarcadoiro.
O mar sobe de nivel e de forza, semella querer recuperar todo o que hai un século aínda era mar como as praias de Coia, San Sebastián ou a do Areal.