Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo acenderá as luces de Nadal o sábado 16 de novembro

Vigo acenderá as luces de Nadal o sábado 16 de novembro

Abel Caballero explicou que se mantén a data que tiñan prevista para o acto de acendido, pero que se fará "con menos festa, con máis sobriedade, por respecto a Valencia"

A cidade contará con 420 rúas iluminadas cun total de 11,5 millóns de luces led

G24.gal 06/11/2024 13:41 Última actualización 06/11/2024 14:10

Vigo acenderá as luces de Nadal o sábado 16 de novembro ás 20 horas, segundo anunciou este mércores o seu alcalde, Abel Caballero.

O alcalde revelou a data do acendido na presentación dos soportes publicitarios do Nadal de Vigo, e tamén dixo que "vai ser distinto do que fixemos outros anos", xa que, segundo explicou Caballero, vai ser "con menos festa, máis sobriedade, e ímolo facer por respecto a Valencia. Imos ter todo o respecto a Valencia e ao que alí ocorre".

Deste xeito, dixo o alcalde de Vigo, "imos facer o acendido cando o tiñamos previsto, ese sábado, pero imos facer un acto de acendido diferente".

Abel Caballero este mércores na presentación dos soportes publicitarios do Nadal (EFE/Salvador Sas)

A actividade central desenvolverase na Porta do Sol, onde se instalou a árbore xigante do Nadal -duns 44 metros (34,5 do cono e 9,5 da metade da estrela)-, que este ano estará escoltada por outras oito árbores, cada un deles de oito metros de altura.

En total, serán 11,5 millóns de luces led e haberá 420 rúas iluminadas.

Outra das novidades é que a rúa Elduayen vai sumarse ás que teñen adornos xigantes no centro da cidade -Policarpo Sanz e García Barbón-.

Tamén se incorpora a praza de Vialia, onde están as estacións de trens e autobuses.

Ademais, probarase un novo sistema de iluminación na rúa Marqués de Valladares, onde as luces serán de moi baixa temperatura para evitar a contaminación luminosa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar