Vigo acolle ata o domingo a feira da roupa 'vintage'
Vigo acolle ata o domingo a feira da roupa 'vintage'
Venden roupa e complementos de segunda man polo seu peso
Son prendas confeccionadas entre os anos 1970 e 2000
Entre 35 e 45 euros por quilo, dependendo do tipo de peza do que se trate, son as tarifas nesta segunda edición en Vigo do VinoKilo, un evento en que se ofrecen máis de seis toneladas de roupa da chamada vintage.
Os organizadores din que ao tratarse de vestimenta e complementos atemporais e o sistema de venda por peso son os grandes reclamos deste evento.
Ademais da calidade e exclusividade das pezas, entre os compradores tamén importa o aspecto da sostenibilidade. Mercar roupa usada e non facelo a través de Internet contribúe a reducir a contaminación e o cambio climático.
O éxito acadado nas dúas edicións viguesas pode levar o evento a outras cidades galegas.