Vigo e A Coruña lideran unha lista das cidades máis educadas de España
Vigo e A Coruña lideran unha lista das cidades máis educadas de España
Entre outros, valoráronse aspectos coma o ruído, dar ou non propina, saltar a cola á hora de mercar ou respectar os demais nos espazos públicos
Somos persoas educadas? Si? Non? Preguntamos na cidade da Coruña. Quen chega de fóra de Galicia responde loando a amabilidade dos coruñeses.
Nunha enquisa sobre o comportamento da cidadanía, dous nomes galegos obtiveron a puntuación máis baixa de toda España en mala educación. Son Vigo e mais a área da Coruña-Oleiros-Arteixo.
Entre outros, valoráronse aspectos como ser ruidosos, dar ou non propina, saltar a cola á hora de mercar ou respectar os demais nos espazos públicos. Malia que a boa educación impera, sempre hai excepcións: unha persoa que increpa os demais nun supermercado ou peóns e condutores que non respectan as normas e perturban a convivencia urbana. Situacións puntuais incapaces de comprometer o liderado de Vigo e da Coruña como as cidades máis educadas de España.