Cargando resultados...
Vigo lidera a entrada de turistas estranxeiros en Galicia
Vigo lidera a entrada de turistas estranxeiros en Galicia
A cifra é posible grazas á proximidade e á fidelidade dos portugueses
G24.gal
03/09/2023 14:16
Última actualización 03/09/2023 14:55
Segundo o INE no mes de xullo pasaron por Vigo 24.000 estranxeiros, o dobre ca na Coruña e tres mil máis ca en Santiago; o dato é posible pola presenza acotío dos portugueses tanto en praias coma en zonas comerciais.
O Camiño pola costa, os cruceiros, os eventos internacionais e as Cíes traen tamén moitos visitantes. No peirao de pasaxe atopamos hoxe australianas, checos e tamén portugueses, que son maioría hoxe en zonas como Samil. Os indicadores para os autobuses están xa no seu idioma.