Vigo prepárase para acoller as xornadas nacionais de investigación en ciberseguridade
Vigo prepárase para acoller as xornadas nacionais de investigación en ciberseguridade
Ese encontro consolidouse como o foro científico-técnico para analizar retos, investigacións e novidades
Os ciberdelincuentes buscan xeitos cada vez máis sofisticados cos que atacar hospitais, bancos e usuarios
Empresas, Gobernos e institucións traballan en atopar os mellores mecanismos de protección
Neste mes o Hospital Clínic de Barcelona sufría un ciberataque provocando a cancelación de cirurxías e citas médicas.
Os ciberdelincuentes buscan novos xeitos, cada vez máis sofisticados, cos que atacar hospitais, bancos, usuarios. Empresas, Gobernos e institucións traballan en atopar os mellores mecanismos de protección.
No mes de xuño, Vigo vaise converter en todo un referente neste ámbito. Vai acoller as xornadas nacionais de investigación en ciberseguridade.
Este encontro consolidouse como o foro científico-técnico para analizar retos, investigacións e presentar as principais contribucións neste ámbito.
"Un dos aspectos importantes do noso Congreso é que pon en contacto non só a parte de investigación senón tamén a parte de formación. En Galicia estamos bastante avanzados neste eido, desde hai anos temos un máster en ciberseguridade que se leva a cabo pola Universidade de Vigo e pola Universidade da Coruña, que está tamén formando profesionais para os ámbitos da ciberseguridade", di Martín Llamas, director de AtlanTTIC, Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación.
Certos sectores como o transporte, a enerxía, a sanidade e as finanzas dependen cada vez máis das tecnoloxías. A dixitalización trouxo grandes oportunidades, ofrece solucións para moitos retos pero tamén expón a economía e a sociedade ás ciberameazas.
"Por parte da cidadanía necesitamos máis formación, necesitamos os coñecementos básicos para saber que non todo o que recibimos pode ser aberto ou pode ser utilizado. Os ciberdelincuentes baséanse na boa vontade das persoas e da inocencia das persoas para cometer os seus delitos", engade Martín Llamas.
Polo que non hai que deixar de estar vixiantes... tamén a cidadanía, actualizando, por exemplo, o sistema operativo dos nosos dispositivos e salvagardando os nosos datos e contrasinais ante posibles fraudes.