Publicador de contidos
Publicador de contidos

Curtis recupera o espírito do século pasado nas súas feiras de 1900

Curtis recupera o espírito do século pasado nas súas feiras de 1900

A vila rememora como vivían comerciantes e visitantes unha xornada de mercado naquela época

G24.gal 28/07/2024 14:43 Última actualización 28/07/2024 15:12

En Curtis celebráronse esta fin de semana As feiras de 1900, unha recreación que se fai dende hai oito anos coa intención de recuperar o espírito que se vivía neste concello a principios do século pasado.

A implicación da veciñanza é tal que a cita non só se vive na rúa, senón que algúns tamén recrean a feira dentro da propia casa.

A estación do tren vertebra a vila, e a súa presenza, ao igual ca a do leite, é constante. Os traxes, o autobús de época, os postos ou os bailes devólvenlle a Curtis o sabor daqueles tempos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar