Publicador de contidos
Publicador de contidos

O encoro de Vilasouto está ao 30 % da súa capacidade

O encoro de Vilasouto está ao 30 % da súa capacidade

O ano pasado nestas datas había un 40 % máis de auga

G24.gal 10/08/2022 14:05 Última actualización 10/08/2022 14:14

A ausencia da auga deixa pegada nas paredes do encoro. Del abastécense os caneiros da zona, pero este ano as súas comportas estarán pechadas e só abren en determinados momentos que o precise o millo; é dicir: só os gandeiros se beneficiarán del, a auga non vai para as hortas nin para ningún outro uso no profesional, algo co que non todos os veciños concordan.

Esta veciña recorda da súa nenez anos en que o encoro aínda estaba máis seco que hoxe, pero eran tempos que chovía moito máis que hoxe.

Preto do encoro hai unha fonte onde os veciños de quilómetros veñen por auga. Tiña un chorro moi potente, pero agora hai que esperar case un minuto para xuntar cinco litros. A situación do encoro preocupa a todos.

O encoro, que ten medio século, construíuse, principalmente, para abastecer preto de 5.000 hectáreas pertencentes a cinco concellos do sur da provincia de Lugo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos