Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vinte intoxicados por fume no incendio rexistrado nun bloque de vivendas de Sevilla

Vinte intoxicados por fume no incendio rexistrado nun bloque de vivendas de Sevilla

G24.gal 26/12/2023 13:23

O incendio rexistrado esta mañá nun bloque de vivendas de Sevilla obrigou a asistir unha vintena de persoas por intoxicación de fume e a evacuar seis delas ao hospital. A orixe do lume podería estar nun fallo eléctrico no salón do piso afectado.

O incendio rexistrouse a primeiras horas desta mañá nun bloque de vivendas do barrio da Macarena de Sevilla. O lume iniciouse na primeira planta e estendeuse rapidamente, atrapando unha vintena de veciños.

“Estaba durmindo e a miña filla de catorce anos gritaba: 'Papá, papá, lume'. Asomeime, saía o lume e estábano apagando cun cubo de auga e cada vez había máis lapas, máis lapas e máis lapas”.

Seis persoas, catro delas menores, tiveron que ser evacuadas a un hospital local por inhalación de fume. Outras catorce foron atendidas polos sanitarios no mesmo lugar do incendio.

“Cando me asomei ao balcón o que vin, porque xusto me tapaba unha laranxeira, pero vía as lapas saíndo. E, claro, non me decataba de nada e asusteime, porque dixen: pasa no meu bloque e non me decato de nada”.

As causas que provocaron o incendio están sendo investigadas, pero todo apunta a un fallo nunha extensión eléctrica conectada nun enchufe do salón da vivenda afectada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade