Publicador de contidos
Publicador de contidos

A conselleira de Economía e Industria visita o grupo Malasa

A conselleira de Economía e Industria visita o grupo Malasa

Dedícase ao tratamento da madeira e o aluminio e aposta pola sustentabilidade e a innovación

G24.gal 14/02/2024 14:59

A industria galega ten futuro e é competitiva. Foron as palabras da conselleira de Industria durante a súa visita ao grupo Malasa, dedicado ao tratamento da madeira e o aluminio.

"En Galicia hai industria e Galicia ademais destaca pola súa sustentabilidade, pola súa innovación e pola súa internacionalización. Falamos dunha empresa que está dando traballo a máis de 800 persoas", sinala a conselleira de Economía e Industria.

O grupo Malasa aposta pola innovación e sostibilidade. De feito, aproveita os seus propios residuos para xerar enerxía. Isto convértea, segundo o presidente do grupo, en practicamente autosuficiente dende o punto de vista enerxético.

"Estamos levando ao exterior esta tecnoloxía, pero sobre todo dende aquí, dende Galicia, levando todo para fóra", di o presidente do grupo Malasa.

O grupo Malasa traballa para grandes empresas, como Inditex, e exporta a practicamente todo o mundo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade