Publicador de contidos
Publicador de contidos

Visitamos a cociña máis grande de Ourense

Visitamos a cociña máis grande de Ourense

Cada día sérvense ao redor de 3.000 pratos no complexo hospitalario ourensán

As dietas adáptanse á temporada de verán

Cadea de empratado na cociña do CHUO
G24.gal 09/08/2023 14:15

Baixamos ata o soto do edificio de hospitalización de Ourense. Mil cincocentos metros cadrados de cociña con cámaras de frío, almacéns, cadeas de empratado... Uns pisos máis arriba, os pacientes escollen o menú entre catro opcións de primeiros, segundos, guarnicións e sobremesas.

Antonio Pazos, xefe de Cociña do CHUO: "Estamos facendo unha media anual de 750 menús por inxesta, o que significa uns 3.000 ao día".

No verán, adáptase a dieta. Menos potaxes e máis ensaladas.

Óscar Domínguez Fernández, supervisor do Servizo de Dietética e Nutrición: "Sobre todo, os primeiros, máis ensaladas, pratos fríos... para combater a vaga de calor".

Cada día elaboran entre 40 e cincuenta menús diferentes, adaptados ás necesidades de cada paciente, incluídas as opcións vegana e vexetariana.

Óscar Domínguez Fernández, supervisor do servizo de Dietética e Nutrición: "Temos dietas basais, para diabéticos, de protección renal, sen residuos..., e dentro de cada dieta, as particularidades de cada paciente".

Máis dun cento de persoas traballan neste servizo, que manexa cifras xigantes: 30 toneladas de peixe ao ano, máis do dobre de carne, 200 toneladas de froita e produtos da horta ou quince mil litros de aceite.

Antonio Pazos, xefe de Cociña do CHUO: "Os produtos frescos, como verduras, carne e peixe, véñennos diariamente. E hai outros que veñen dúas ou tres veces á semana. O 80 % dos nosos provedores son de proximidade".


Un proceso que se repite catro veces ao día os 365 días do ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade