Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vitoria do Compos para asaltar os postos de playoff

Vitoria do Compos para asaltar os postos de playoff

Despois dunha primeira parte discreta, resolveu na 2º cos goles de Parapar e Manu Barreiro

G24.gal 27/01/2024 18:12

O Vero Boquete acollía unha nova xornada da 2ºRFEF. Comezou impreciso o encontro. O Compos dominaba con balón e empezaba a chegar timidamente. O Covadonga prefería repregar e intentar aproveitar as imprecisións dos galegos. A primeira parte non tivo moitas ocasións, a máis destacable un balón filtrado que Samu, extremo do Covadonga, non foi quen de concretar. Os de Michel protestaron un gol anulado. O árbitro sinalou fóra de xogo tras un moi bo pase filtrado de Samu para Juampa Barros. Deixa dúbidas a acción. 

Trocou a situación na segunda. Antes do primeiro minuto, xa chegou o gol galego. Escoruela recibiu o balón en banda, puxo un centro deses que doen, entre porteiro e defensa. Alí apareceu Parapar para empurrar o balón e facer o 1-0. Escoruela, quen debutaba, deixou moi boas sensación e tivo a oportunidade de facer gol. Sorteou a dous rivais e pegou forte coa dereita, rexeitou Buru. Pouco despois chegou o segundo. Moi parecido ao primeiro. Esta vez foi o centro de Juampa Barros e o rematador Manu Barreiro. Centro desde a esquerda e remate no punto de penalti. Manu Barreiro conseguía o seu décimo gol na liga. Controlou, desde este momento, o partido o equipo de Michel. O xuvenil Baña, que debutaba como titular deixando moi boas sensacións, empezou a controlar o centro do campo deixando escintileos da súa calidade. O Covadonga tivo a opción de recortar distancias despois dun erro da defensa compostelá. Ariel quedou diante de Pato, pero este achicou e resolveu a acción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar