Prado colócase a 9 puntos de Gajser
Prado colócase a 9 puntos de Gajser
Jorge Prado recortou 8 puntos a Tim Gajser no GP dos Países Baixos
Jorge Prado segue recortando puntos na xeral. Quedou de segundo na primeira quenda do Gran Premio dos Países Baixos. O lugués viuse sorprendido na saída polo piloto local Glenn Coldenhoff, vencedor onte da cualificación, que se puxo de primeiro. Pero Prado progresou para adiantar o seu rival e coller a cabeza. Por detrás, Tim Gajser perdía a terceira praza con Herlings, que fixo a remontada do día. Pasou despois a Coldenhoff e a Jorge Prado para gañar a quenda, por diante do lugués, do seu compatriota e de Gajser. Isto significa que Prado reduce outros catro puntos no campionato antes da segunda quenda.
E na segunda quenda o resultado foi moi semellante. Prado conseguía colocarse en cabeza seguido por Gajser e Herlings, pero nun movemento maxistral para redondear a súa fin de semana Herlings adiantaba os dous pilotos e colocábase nun primeiro posto que non ía soltar, resultando no seu terceiro dobrete nas últimas cinco carreiras.
A loita entre Prado e Gajser polo segundo posto non se puido dar, xa que cando Gajser se estaba acercando caeu da moto e case perde o posto con Coldenhoff. Pese a non quedar primeiro, os malos resultados de Gajser fan que Jorge Prado recorte 8 puntos na totalidade da fin de semana.