Vixilancia policial en Ribeira logo dunha disputa entre clans por unha retención iegal
Vixilancia policial en Ribeira logo dunha disputa entre clans por unha retención iegal
En Ribeira continúa activo o dispositivo policial que onte disolveu unha pelexa multitudinaria entre dous clans da zona. Ao parecer, a orixe do enfrontamento está nunha denuncia por retención ilegal.
A Policía pasou a noite enteira e continúa despregada no barrio do Deán por se recrúa o conflito entre os dous clans que onte protagonizaban a liorta. Nela participaron medio cento de persoas que se lanzaron pedras, paus e mesmo sinais de tráfico. Un policía local quedou ferido leve, pero non houbo detencións.
A orixe de todo parece estar na denuncia dunha veciña, que dixo que a familia do seu defunto marido a retivera unha semana en Vilagarcía xunto á súa filla menor. Segundo relatou, obrigárona a cortar o pelo e facer loito. Cando logrou fuxir puxo a denuncia e, supostamente, a familia do marido ameazou con vir por elas. Unha ameaza que finalmente se cumpriu na tarde de onte.