Publicador de contidos
Publicador de contidos

Arnaud (voluntario na fronteira ucraína): "A miña filla vai morrer en primeira liña"

Arnaud (voluntario na fronteira ucraína): "A miña filla vai morrer en primeira liña"

Katia ten nacionalidade rusa e ucraína e está convencida de que esta guerra é "absurda"

 

 

Arnaud antes de emprender a súa viaxe humanitaria
G24.gal 12/03/2022 22:07

Arnaud é un avogado suízo que traballa de xeito voluntario na fronteira con Ucraína. Agora, quere viaxar a Rusia e Belarús para colaborar no envío de axuda humanitaria.

"Estou planeando irme por Rusia, pasando por Polonia e por Belarús. Estou en contacto cun grupo da sociedade civil rusa que quere mandar produtos de primeira necesidade, sobre todo, ás zonas de guerra", asegura.

A súa filla Katia, con nacionalidade rusa e ucraína, está en Kíiv combatendo en primeira liña. Asegura que se sente de ambos os dous países e considera "absurda" esta guerra. 

"É como unha guerra entre España e Portugal, que sodes diferentes pero pobos irmáns", lamenta.

Arnaud despídese en Leópolis antes de comezar esta nova acción de voluntariado. Non sabe o que lle vai deparar a viaxe, pero marcha convencido de que non volverá ver a súa filla.

"Custa dicilo pero estou case seguro de que vai morrer. Así que xa me fixen á idea. Xa chorei bastante (...) xa me despedín dela, creo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade