Volve a calor con forza tras semanas de borrascas
Volve a calor con forza tras semanas de borrascas
As temperaturas acadaron este mércores os 27 graos en Ourense e subirán ata os 31 no final da semana
Aínda así manteranse as mañás frescas nas primeiras horas
A primavera durará un suspiro e o verán chegará de súpeto a partir deste xoves, sobre todo en Ourense. Apenas hai un par de días que tiñamos o tempo fresco e húmido na comunidade e xa dende o xoves o termómetros superarán os 30 graos en varios puntos da provincia.
Este mércores os valores máis altos acadáronse en Ourense capital, con 26,8º, e en Leiro, con 26,6º. Na rúa a xente dá a benvida ao tempo solleiro e caloroso, pero se cadra non tan de golpe como se anuncia. Paseos, parques e terrazas énchense de xente facendo actividades ao aire libre. Había ganas de liberarse do chuvasqueiro e o abrigo.
Aínda así, as mañás continuarán sendo frías, sobre todo en puntos do interior. Esta noite Calvos de Randín rexistrou -1,3º. Con todo, xa podemos asegurar que o bo tempo veu para quedar, que o xeo xa só o veremos nas copas e que o líquido ben fresco senta mellor por dentro.