Volve a Feira do Capón de Vilalba
Volve a Feira do Capón de Vilalba
A feira terá lugar o 21 de decembro
O seu prezo estará entre 110 e os 130 euros
Produto con Indicación Xeográfica Protexida
Tras pasar preto de seis meses criándose en liberdade, os capóns de Vilalba deron o salto ás tradicionais capoeiras onde escapan do frío e comezan a ceba. O bolo que lles preparan leva pataca cocida, que lles serven morna, e millo.
A súa carne ten unha alta demanda dende diversos puntos de España e a maior parte dos capóns que están agora en proceso de cría xa están vendidos. Desta volta os criadores están preocupados, dado que a data da feira coincide coa anunciada folga dos transportes e non saben como organizar os seus envíos.
Os capóns chegarán á feira cuns 7 meses e entre 5 e 7 quilos de peso e o seu prezo andará polos 110 e os 130 euros.