Cargando resultados...
Volve a Festa do Boi, en Allariz, coa procesión de Xan de Arzúa
Volve a Festa do Boi, en Allariz, coa procesión de Xan de Arzúa
Uns 500 veciños recrearon as orixes da súa festa máis representativa
Regresa a Festa do Boi a Allariz
G24.gal
12/06/2022 14:37
Última actualización 12/06/2022 15:10
Xan de Arzúa, asomado ao balcón da casa consistorial, é o protagonista do día en Allariz. A el lle atribúe a historia da festa do boi as súas orixes cando, subido ao lombo deste animal, axotou os xudeus que boicoteaban a procesión do Corpus.
Ocorreu, contan, hai setecentos anos, en 1317, cando a vida na vila se organizaba en torno aos gremios, cos seus oficios, que tamén se recrean nesta festa.
Esta foi a primeira fin de semana da festa, a da proba, cando saen por primeira vez os bois a correr as rúas da vila. Seguirán ata a próxima fin de semana, os días grandes do boi.