Publicador de contidos
Publicador de contidos

Volve o sarampelo a Galicia

Volve o sarampelo a Galicia

Detectáronse 2 casos, polo que a Xunta lembra a importancia da vacinación
 

A vacinación é a única forma de erradicar completamente sarampelo
G24.gal 16/07/2024 14:27

O sarampelo é unha enfermidade case erradicada en Galicia, pero nos últimos meses diagnosticáronse dous casos. O primeiro foi importado doutro país.

 "E o segundo foi un contaxio comunitario a partir do primeiro", informa Susana Mirás. Xefa do servizo de control de enfermidades

A nivel mundial, o sarampelo aumentou un 79% o ano pasado.

  "Iso facilita que volvamos ter trasmisión na comunidade do sarampelo e facilita tamén que incluso en países  con taxas de cobertura de vacinación elevadas poidamos volver ter casos", conta Federico Martiñón, pediatra e investigador clínico

En Galicia o risco mantense baixo, pero a aparición destes dous casos obrigan a establecer uns plans de actuación. Buscan aumentar a cobertura desta vacina que se administra en dúas doses.

"No calendario infantil a primeira adminístrase aos 12 meses e logo a segunda aos tres anos. Se vacinásemos unha persoa adulta, serían dúas doses separadas arredor dun mes entre unha e outra", apunta Susana Mirás

É por iso que van enviar un SMS ás familias que aínda non puxeron a segunda dose para que a poñan o antes posible. Tamén recomendan que se vacinen os nados despois do 1969 que non pasaran a enfermidade e poñen especial atención nos que vaian viaxar a países de alta incidencia e nos temporeiros.

"Nos sectores agrículas que soen vir grupos de persoas ao mellor procedentes doutros países con alta incidencia de sarampelo pois un pouco revisar o seu estado e ofrecerlles a vacinación", conclúe a xefa do servizo de enfermidades trasmisibles

No 2022 o sarampelo provocou 130.000 vítimas en todo o mundo, a maioría foron nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos