Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vox rompe todos os pactos de Goberno autonómicos co PP

Vox rompe todos os pactos de Goberno autonómicos co PP

O líder da formación de ultradereita cre que o acordo sobre a acollida de menores migrantes non lle deixa outra saída

Ante a ameaza de Abascal, o PP acusara a Vox de empregar a inmigración como coartada

Feijóo di: "O que me preocupa é ser coherente co que un pensa"

Santiago Abascal anunciando este xoves a ruptura de todos os pactos de goberno co PP
G24.gal 11/07/2024 20:16 Última actualización 11/07/2024 22:02

Vox rompe o acordo de goberno co PP en todas as comunidades autónomas en que comparten executivo.

"Ninguén votou a Vox para que continúe a invasión de inmigración ilegal", dixo Santiago Abascal nunha conferencia de prensa pasadas as nove e media da noite deste xoves.

A formación de Abascal retira o apoio aos gobernos de Estremadura, Murcia, Castela León, Baleares, Aragón e a Comunidade Valenciana.

Os vicepresidentes deses gobernos anunciarán a súa dimisión e Vox pasará á oposición, dixo Abascal.

A decisión débese, segundo Santiago Abascal, á "agresión" do presidente do PP Alberto Núñez Feijóo, ao "obrigar" as comunidades a aceptar a repartición menores migrantes non acompañados.

"É imposible pactar co que non quere facelo", argumentou Abascal, quen acusou a Feijóo de pretender "impoñer políticas de fronteiras abertas".

O presidente valenciano garante a estabilidade do seu Goberno aínda que Vox marche

O presidente do Partido Popular na Comunitat Valenciana  e president da Generalitat Carlos Mazón garantiu este xoves a "estabilidade do Goberno valenciano sen ningunha dúbida", e aínda que Vox decida romper o seu pacto, está disposto a liderar o cambio na Comunitat.

Mazón insistiu en que o seu partido ten un proxecto para todo o mundo. "Ímolo poñer en marcha e imos seguir contando con todo o mundo, e en calquera caso con todos os grupos parlamentarios".

O vicepresidente de Murcia e o conselleiro de Fomento, sen axenda para este venres

O vicepresidente de Murcia José Ángel Antelo e o conselleiro de Fomento José Manuel Pancorbo suspenderon as súas axendas públicas para este venres. O voceiro do Executivo Marcos Ortuño dixo que a ruptura no seo do gabinete sería a pedimento de VOX. "É unha decisión unilateral, porque os acordos de goberno están a cumprirse", asegurou.

Os membros de Vox en Castela e León cancelan as súas aparicións para o venres

Os membros de Vox da Xunta de Castela e León, o vicepresidente e tres conselleiros, baleiraron as súas axendas públicas deste venres.

A través da rede social X, o vicepresidente da Xunta acusaba os seus socios do PP de traizoárenos ata en dúas ocasións no que vai de lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade