Vox mobiliza miles de persoas en toda España contra a suba dos prezos
Vox mobiliza miles de persoas en toda España contra a suba dos prezos
Santiago Abascal advirte: "Non imos a abandonar as rúas ata expulsar o Goberno"
Convocados por Vox e o seu sindicato protestan pola suba de prezos da enerxía, das subministración e dos produtos básicos. E ao tempo piden a dimisión do Goberno.
Houbo concentracións nas capitais de provincia de todo o estado. Esta, na praza de Cibeles en Madrid foi unha das máis multitudinarias.
Na súa intervención Santiago Abascal dixo que España ten o peor Goberno no peor momento, un Goberno que cualificou de ilexítimo e ao que responsabiliza da suba da luz, dos combustibles e da cesta da compra.
De feito, temos unha fábrica de miseria para as clases medias e para os españois máis desfavorecidos, unha fábrica de miseria que segue espoliando os traballadores cuns impostos abusivos. Non imos abandonar as rúas ata conseguir expulsar este Goberno ilexítimo entregado aos inimigos de España no poder.
En Galicia, os asistentes ás concentracións tamén pediron a dimisión do Goberno. Na praza de María Pita da Coruña a protesta celebrouse baixo o lema "hai que botalos".