Weinstein, condenado a outros 16 anos de prisión por violación
Weinstein, condenado a outros 16 anos de prisión por violación
A pena súmase aos 23 anos de cárcere dunha condena en Nova York do ano 2020
O Tribunal Superior dos Ánxeles condenou o exprodutor de Hollywood Harvey Weinstein a outros 16 anos de prisión pola violación dunha actriz e modelo en 2013. Un xurado de California xa o declarara culpable en decembro pasado de violación e penetración sexual contra esa muller.
A Weinstein, de 70 anos, aínda lle faltan por cumprir 20 anos dunha condena anterior por actos semellantes.
A figura de Weinstein, creador dun imperio na industria cinematográfica, comezou a declinar en 2017 cando o New York Times destapou un amplo historial de acosos e abusos sexuais perpetrados polo produtor durante décadas.
O caso converteuse no estandarte do movemento feminista #MeToo que animou a ducias e artistas a denuncialos publicamente.