Cargando resultados...
Xa está operativo o plan viario invernal para as estradas galegas de titularidade estatal
Xa está operativo o plan viario invernal para as estradas galegas de titularidade estatal
Despréganse máis dun cento de quitaneves
David Fernández
08/11/2021 17:16
Hai unha semana presentábase o Plan viario invernal da Xunta e agora coñecemos os datos do plan do Goberno central que xa está operativo en 2.500 quilómetros de rede viaria estatal de toda a nosa comunidade autónoma.
Para evitar accidentes e garantir a seguridade da circulación, especialmente durante os días que veñan de nevaradas, haberá dispoñibles un cento de máquinas quitaneve, ademais de toneladas de fundentes.
Este ano disporán amais de datos en tempo real das previsións meteorolóxicas para poder tomar así decisións máis operativas. O plan estará activo ata finais do mes de abril.