Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa está montado e aberto o belén xigante de Viveiro

Xa está montado e aberto o belén xigante de Viveiro

Conta con máis de cen figuras a tamaño natural

Atópase na Igrexa de Santa María

G24.gal 05/12/2022 21:16 Última actualización 05/12/2022 21:34

Máis de cen figuras a tamaño natural e milleiros de pezas, apeiros e elementos decorativos compoñen este ano o belén xigante de Viveiro.

A volta á normalidade logo da pandemia motivou as seis persoas que participan na súa elaboración para poñer todo o esforzo en facelo o mellor posible.

O resultado, como mínimo, encheu o lugar na inauguración.

O belén xurdiu como un reclamo comercial a iniciativa dos negocios da zona pero en poucos anos xa se converteu en todo un referente do Nadal en Galicia.

Ata o 8 de xaneiro serán milleiros as persoas chegadas de todas partes que acudan ver os reis, o nacemento, as estrelas e tamén os oficios e tradicións da comarca da Mariña.

O que non encaixa nestes días é a falta do neno Xesús. Ten unha explicación lóxica: non se vai colocar ata o día 25.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar