O Bono Activa Comercio xa se pode empregar nas compras
O Bono Activa Comercio xa se pode empregar nas compras
Cada persoa ten dereito a descontos de ata 30 euros ao mercar nos comercios adheridos ao programa
Na compra dun pantalón de 35 euros, por exemplo, descontaríanlle 10 euros co Bono Activa Comercio da Xunta, que este luns comeza a funcionar. Só hai que descargar o bono, con formato código QR no móbil, e presentalo á hora de pagar nos establecementos que se uniron a esta campaña, máis de 4.000 en toda Galicia.
Son 5 euros de desconto para compras entre 20 e 30 euros, dez euros se pasan dos 30 euros e 15 para os que gasten máis de 50. O obxectivo é fomentar o consumo no comercio de proximidade, cunha campaña que pretende mobilizar 8,5 millóns de euros.
Desta vez, non hai límite de usuarios para descargar os bonos, deixarán de funcionar cando se chegue ao tope de 2,5 millóns de euros destinados pola Xunta á campaña.