Xa se traballa para converter o sangue de porcos e vacas nun recurso económico
Xa se traballa para converter o sangue de porcos e vacas nun recurso económico
Os matadoiros gastan ata 100.000 euros anuais en procesalo antes de destruílo
Fertilizantes e complementos alimentarios serían os usos do sangue do gando
Máis aló das filloas na matanza e das morcillas, o sangue dos porcos e as vacas non ten ningún uso. Hai que procesalo antes de envialo ás depuradoras, co conseguinte custo para os matadoiros. Pero o seu alto contido en aminoácidos, ferro e proteína fai que poida ter usos de alto beneficio económico e ambiental. De feito, o valor de cada animal podería aumentar un 5% se se aproveita o seu sangue.
"O sangue é hoxe un custo polo seu procesamento. Con este proxecto podería pasar a ser un beneficio, que é o que queremos", di Higinio Mougán, xerente de AGACA.
O aproveitamento iría en dúas direccións. Por un lado como ingrediente para elaborar galletas ou barras enerxéticas e por outro como fertilizante para millo forraxeiro, horticultura e plantas de xardín. Cada vaca ten uns 60 litros de sangue no seu organismo mentres que os porcos están en oito, polo que o recurso sería de 30.000 toneladas anuais só en Galicia.
"Dado o alto contido proteico e en ferro, imos crear diferentes alimentos que sirvan como complemento das dietas", engade Mougán.
Se as probas e investigacións prosperan, en tres anos poderíase estar xa utilizando o sangue do gando galego nos eidos previstos no proxecto.