Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xa son 76 os afectados polo gromo que obriga a paralizar a produción en Freire

Xa son 76 os afectados polo gromo que obriga a paralizar a produción en Freire

A maioría dos afectados son traballadores de empresas auxiliares

Vigo e Ourense concentran a maioría dos contaxios e hospitalizados

G24.gal 02/12/2021 20:30

O estaleiro Freire interrompe a súa actividade ata o próximo día 9 para atallar un importante gromo de covid nas súas instalacións. Hai polo menos 76 afectados tras un primeiro cribado que se repetirá antes de retomar a produción.

A maioría son traballadores de empresas auxiliares que participan na construción dun megaiate. Este gromo contribuíu a disparar os casos en Vigo. Hai preocupación na cidade e nótase na afluencia continua ao punto móbil de diagnóstico covid instalado fronte ao Club Náutico.

Esperando para facer a PCR atopamos unha moza que quere pasar a fin de semana coa avoa, pero tamén moitas persoas que mantiveron contacto con familiares, amigos ou compañeiros de traballo que están infectados.

A área sanitaria de Vigo colocouse á cabeza en número de contaxios en Galicia. Aquí detectáronse nun só día 256 positivos.  Os casos activos superan os 1.800 e aumenta a 50 a cifra de enfermos hospitalizados, doce deles na UCI.  

Despois de Vigo, a área de Ourense é a máis afectada por esta sexta vaga. Bateu récord de contaxios con 202 novos positivos nun dia e 1.700 casos activos. Nos hospitais ourensáns hai 55 enfermos hospitalizados, catro deles na UCI.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade