Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ofensiva israelí en Gaza xa suma máis de 25.000 vítimas mortais

A ofensiva israelí en Gaza xa suma máis de 25.000 vítimas mortais

O Ministerio de Sanidade da Franxa informou que "a ocupación israelí cometeu 15 masacres contra familias en Gaza nas últimas 24 horas"

Segue habendo unhas 800.000 persoas que sofren unha dura crise humanitaria no norte de Gaza

G24.gal 21/01/2024 16:07 Última actualización 21/01/2024 22:34

O número de palestinos mortos en Gaza dende o comezo da ofensiva israelí o 7 de outubro aumentou este domingo a máis de 25.000, tras novos ataques do Exército de Israel, segundo informou o Ministerio de Sanidade da Franxa, que se atopa baixo o control do grupo islamita Hamás.

O Ministerio divulgou o reconto tras precisar que "a ocupación israelí cometeu 15 masacres contra familias en Gaza, causando 178 mortos e 293 feridos, durante as últimas 24 horas".

Dende o inicio da guerra, "os mortos elévanse a 25.105 e os feridos a 62.681", engadiu Sanidade, mentres continúan os combates con milicias palestinas e as operacións do Exército israelí por terra, mar e aire no día 107 de conflito.

"Tres persoas morreron como resultado do bombardeo aéreo a un vehículo no que viaxaban no barrio de Yarmuk, na cidade de Gaza", asegurou a axencia oficial de noticias palestina Wafa, citando fontes locais.

Tamén houbo ataques aéreos contra unha casa no barrio de Al Zeitoun, na cidade de Gaza, "onde varios cidadáns morreron e outros resultaron feridos".

Por outra banda, houbo máis operacións na propia urbe. Na noite do pasado sábado, francotiradores israelís mataron a varias persoas e causaron tamén feridos na área de Al Katiba, no suroeste. Avións de combate tamén atacaron o campo de refuxiados de Al Shati, na parte norte da cidade de Gaza.

Na área meridional de Jan Yunis, onde os combatentes continúan a diario dende a apliación da ofensiva terrestre israelí cara o sur a inicios de decembro, Wafa infomou de ataques de artillería ao marrio de Al Manara. Tamén de bombardeos contra a súazona oeste, no barrio de Al Amal, deixando un morto e varios feridos.

"Tamén se bombardearon as áreas costeiras da cidade de Deir Balah", no centro de Gaza, e da propia Jan Yunis. Así mesmo, o Exército israelí atacou "con artillería durante varias horas ao Hospital Nasser de Jan Yunis", detallou Wafa.

Segundo os servizos médicos da Media Lúa Vermella Palestina, este sábado as forzas israelís atacaron os arredores do centro sanitario Al Amal, no distrito de Jan Yunis, e os equipos de Media Lúa rexistraron catro mortos por un ataque "contra un vehículo civil" en Rafah, na zona máis ao sur do enclave, onde hai máis dun millón dos desprazados internos gazatís.

Por outro lado, na área norte de Gaza, segundo explican Nacións Unidas e Media Lúa Vermella, segue habendo unhas 800.000 persoas que sofren unha dura crise humanitaria causada polas dificultades de acceso a comida, auga, axuda humanitaria ou subministracións básicas, como medicinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade