Xan Fraga: "De toda a historia do Bergantiños, destacaría a súa gran canteira"
Xan Fraga: "De toda a historia do Bergantiños, destacaría a súa gran canteira"
O autor da obra que resume os cen anos do conxunto carballés atendeu o Galicia en goles
O profesor e historiador carballés foi un dos persoeiros na gala que se celebrou esta semana no Auditorio da capital de Bergantiños e na que se conmemoraron o centenario do equipo vermello. Fraga, tras moitos datos recollidos durante anos, ten clara a súa visión do equipo que preside Luciano Calvo.
"O Bergantiños tivo na súa historia moitos xogadores de renome. Hai quen non sabe que de aquí saíu Maristain, que logo acabou no Barcelona. Ou Arsenio Iglesias, antes de pasar ao Fabril e ao Deportivo. Tamén viñeron outros como Ramón Piña, como xogador e logo como adestrador, co que se acadou o maior fito que foi o título de Terceira Galega. De toda a historia do Bergantiños, destacaría a súa canteira, como aquel equipo xuvenil de finais dos cincuenta, que quedou dous anos seguidos subcampión de Galicia. Foron anos en que a canteira aguantou ao club en momentos difíciles".