Cargando resultados...
Cuarta vitoria seguida do Bergantiños grazas ao acerto goleador de Cristian Moreno
O central do equipo carballés leva marcados 7 goles no que levamos de campionato
G24.gal
09/03/2025 21:06
O Bergantiños sumou no campo do Ávila a cuarta vitoria seguida. Pasou de loitar por evitar o descenso a pelexar por entrar na fase de ascenso nun mes. Logo de completar un partido moi serio no aspecto defensivo foi quen de derrotar a un dos equipos máis potentes do seu grupo. Marcou o único gol do partido o central Cristian Moreno. O canario leva sete goles no que levamos de campionato.