Xeorxia tomba a Portugal (2-0) e será o rival de España nos oitavos
Xeorxia tomba a Portugal (2-0) e será o rival de España nos oitavos
Turquía impúxose por 2-1 á República Checa
A selección de Xeorxia, unha descoñecida no mundo do fútbol, deu a sorpresa ao derrotar por 2-0 a Portugal e clasificarse como unha das mellores terceiras. Accede aos oitavos de final onde se enfrontará coa selección española.
A súa estrela de nome impronunciable -Kvaratskhelia- marcou aos dous minutos e no 57 Mikautadze fixo o definitivo 2-0. Portugal non se xogaba nada -xa era a primeira do grupo- e Roberto Martínez deulle descanso a boa parte dos seus titulares.
Turquía tamén remata con seis puntos
Outra das sorpresas agradables da Eurocopa é Turquía que rematou a primeira fase no segundo posto e con seis puntos. Gañoulle á República Checa por 2-1, un equipo que acabou con nove e que xogou con dez durante máis de setenta minutos por expulsión de Barak.
Çalhanoglu abriu o marcador ao pouco de principiar a segunda metade e Tomas Soucek empatou no 66. O partido parecía que ía rematar dun xeito que non lle valía aos checos que se lanzaron ao ataque. Iso aproveitouno Tosun para marcar no 94 o definitivo 2-1.