Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xi Jinping e Antony Blinken dialogan en Pequín para tentar normalizar as relacións

Xi Jinping e Antony Blinken dialogan en Pequín para tentar normalizar as relacións

"As relacións entre estados deben estar baseadas no respecto mutuo", asegura o presidente chinés

G24.gal 19/06/2023 11:13

O presidente chinés, Xi Jinping, recibiu este luns en Pequín o secretario de Estado dos Estados Unidos, Antony Blinken, un encontro que axuda a normalizar as relacións diplomáticas entre as superpotencias tras un período de tensións que as levaron ao seu punto máis baixo en décadas.

O encontro entre Xi e Blinken, que non formaba parte da axenda oficial da viaxe do xefe da diplomacia estadounidense e foi confirmado por ambas as partes no último momento.

Ao comezo do encontro, e ante os medios de comunicación, o tamén secretario xeral do Partido Comunista de China (PCCh) traladoulle a Blinken que as interaccións entre estados "deben basearse sempre no respecto mutuo e a sinceridade".

Con todo Xi Jingping destacou que ten a "esperanza" de que a visita poida "facer contribucións positivas para estabilizar as relacións entre A China e os Estados Unidos"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade