Puig anuncia unha baixada do IRPF para as rentas menores de 60.000 euros
Puig anuncia unha baixada do IRPF para as rentas menores de 60.000 euros
A medida anunciada por Ximo Puig beneficia o 97 % dos contribuíntes valencianos
A decisión de Puig apláudena no Partido Popular, á vez que lles reclaman coherencia aos socialistas
A Comunidade Valenciana é a primeira gobernada polos socialistas que anuncia unha baixada de impostos. Será para as rendas de menos de 60.000 euros. A decisión chama a atención, sobre todo porque non hai nin unha semana que o presidente Puig defendía todo o contrario,
A medida anunciada por Ximo Puig beneficia o 97 % dos contribuíntes valencianos, os que cobran menos de 60.000 euros. Trátase, di Puig, de beneficiar as familias con menos ingresos. Desta forma, Puig entra de cheo no debate sobre a baixada de impostos, algo ao que se opoñía a semana pasada e pedía castigar na repartición dos fondos estatais as autonomías que baixasen impostos.
A decisión de Puig apláudena no Partido Popular, á vez que lles reclaman coherencia aos socialistas. Mentres, o Goberno evitou valorar directamente as medidas adoptadas de Ximo Puig, pero falou de responsabilidade cando se adopten medidas fiscais.