Publicador de contidos
Publicador de contidos

Xornada de vacinación con doses de reforzo para todas as franxas de idade

Xornada de vacinación con doses de reforzo para todas as franxas de idade

Na área de Santiago hai convocadas unhas 3.000 persoas

En Vigo o número de citacións elévase a 6.000

G24.gal 30/01/2022 14:14

O proceso de vacinación continúa nos grandes recintos. Este domingo, teñen a oportunidade de reforzar a súa inmunización todas aquelas persoas, maiores de dezaoito anos, que non puxeran a terceira dose.

De aí que a afluencia estea a ser menor que en días anteriores. Con todo, na área sanitaria de Vigo hai convocadas 6.000 persoas. Na de Santiago citáronse 3.000, 500 no hospital da Barbanza e 2.500 na Cidade da Cultura. 

"Practicamente a maioría deles son maiores de 30 anos e están levando a dose de reforzo de Moderna, se vén algún menor de 29 anos temos tamén doses de Pfizer para esa xente" "Hoxe e mañá temos aínda citados e pasado xa sería repesca", di Pablo Domínguez, enfermeiro e membro do equipo de coordinación da vacinación na Cidade da Cultura.

Algúns dos que chegaban este domingo ata o centro de vacinación tiveron que atrasar a segunda ou a terceira dose por ter pasado a covid. Outros atrasárona por estar fóra de Galicia cando se estaba a vacinar o seu grupo de idade.

O sábado a citación era para a terceira dose na franxa de 18 a 29 anos. Acudiu un 83 % das persoas convocadas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos