Xosé Leis: "En 'Sol Fuerza' queremos que apareza unha moral de identidade, sen o pasado non existimos"
Xosé Leis: "En 'Sol Fuerza' queremos que apareza unha moral de identidade, sen o pasado non existimos"
A compañía Antena presenta unha comedia ecolóxica sobre mentiras e verdades de 'Sol Fuerza'
Heliodoro Vicente tivo que comercializar o seu produto como aditivo potenciador, en vez de combustible
A estrea é o sábado 22 no Auditorio de Vimianzo
Facemos memoria, 'Sol Fuerza' foi un invento dos anos 90 que pretendía substituír o combustible por enerxía solar, a partir dun produto sacado do toxo.
De inventos coma este que quedaron truncados e outras promesas que non saíron adiante fala a o obra 'Sol Fuerza', unha comedia en clave ecolóxica sobre mentiras e verdades. Estivemos nos ensaios antes da estrea, en Vimianzo, onde con eles inauguraron unha serie de residencias artísticas.