Cargando resultados...
Xoves de Compadres en Ourense
Xoves de Compadres en Ourense
Esta mañá celebrouse a tradicional liorta entre compadres e comadres
Os nenos arrebatan ás nenas os mecos
G24.gal
01/02/2024 14:09
Hoxe é Xoves de Compadres na provincia de Ourense, un día importante na celebración do Entroido. Contra a noitiña, a festa grande celébrase en Viana do Bolo e en Verín, pero xa pola mañá na cidade os máis cativos tiveron o seu protagonismo.
A función dos nenos hoxe é esnaquizar os mecos que levan as nenas e que os ridiculizan.
Da maioría dos compadres de papel non quedaron máis que restos.
Na cidade de Ourense a tradición deste liorta de sexos vén de lonxe.
A única desgraza foi a prevista, a morte de ducias de compadres; malia que algún sobreviviu.
O xoves que vén as comadres terán o desquite.